UNINOVA

InnovatiaEdificio Emprendia

INICIO QUIENES SOMOS SERVICIOS DOCUMENTOS TIENES UNA IDEA?
 


 
GALEGO
ESPANOL
 
 
eventos


11/09/2017 - 31/12/2018  PROGRAMA ARGOS EDICIÓN 2017

 
noticias
 
   
 
Erasmus Jovenes

RedEmprendia
 
Red Incuba.
 
eventos
noticias
contacto
quienes somos
servicios
documentos
idea
 
eventos
 


Gañadores da edición 2014 do Programa Argos

Entrega dos premios do Programa Argos – Creando Equipos Emprendedores da USC (edición 2014) aos mellores proxectos empresariais presentados.

Photo
Ganadores de ARGOS 2014

(27/02/2015)  Hoxe foron entregados no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome os premios da segunda edición do Programa ARGOS – Creando Equipos Emprendedores da Universidade de Santiago. O acto estivo presidido polo reitor da USC, Juan Viaño, e contou tamén coa participación da concelleira de Educación e Xuventude do Concello de Santiago, Maite Cancelo Márquez; do director de Servizos da Axencia Galega de Innovación, José Manuel Abella Anido; do director de Competitividade do IGAPE, Norberto Penedo Rey; e do director da Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da USC (AVTE), José Luis Villaverde Acuña.

O acto de entrega destes premios aos mellores proxectos empresariais puxo o punto final á segunda edición de Argos, un programa de creación de equipos de persoas emprendedoras dispostas a traballar en equipo para desenvolver un proxecto de negocio innovador que supoña unha alternativa laboral real de cara ao futuro.

Os proxectos gañadores na presente edición foron os seguintes:

- Proxecto NEXOS, promovido por Balbina Gándara Antelo e Jessica Méndez Lema, na modalidade Argos Enxeño, dirixida a proxectos xurdidos de ideas de negocio propostas polos participantes no programa.

- Proxecto NOSTRACKER, promovido por Iván Dobarro Montaña e María Cruz Negreira Ruíz, na modalidade Argos Spin, dirixida a proxectos empresariais xurdidos a partir dalgún resultado de investigación xerado pola USC.

Cada un destes premios está dotado con 3.000 euros en metálico xunto con seis meses de acceso gratuíto a espazos de incubación no Edificio Emprendia da USC e asistencia técnica durante o proceso de constitución da empresa.

NEXOS está orientado a traballar en actividades de investigación histórica con aplicacións no eido do dereito, a documentación de bens do patrimonio cultural, comunicación empresarial e institucional e a xenealoxía. Pola súa banda, NOSTRACKER é un proxecto enfocado á oferta de produtos e servizos de innovación tecnolóxica para a monitorización e a análise da reputación en liña.

Ademais dos dous proxectos gañadores, na presente edición participaron tamén outros tres proxectos empresariais que completaron o programa Argos con éxito:

 Mobiliza: empresa de reinserción social e laboral de ex reclusos

 Advanced Optical Solutions (AOS): solucións ópticas avanzadas no eido da visión e a oftalmoloxía, e

 Silicon Design Solutions, Arithmetic Processors: solucións globais de calidade a través da utilización de resultados de investigación punteiros.

O programa ARGOS – Creando Equipos Emprendedores foi posto en marcha no ano 2013 pola Área de Valoración, Transferencia e Emprendemento da USC (AVTE) en colaboración coa incubadora de empresas da USC, UNINOVA, e as facultades de Ciencias Económicas e Empresariais do campus de Santiago e a de Administración e Dirección de Empresas do campus de Lugo. Este programa oriéntase ao alumnado dos últimos anos de licenciatura ou grao, así como ao de posgrao, máster ou doutoramento e a titulados/as das últimas promocións e colaboradores ou persoal integrado en grupos de investigación. Argos está estruturado en tres fases diferentes que inclúen formación, creación de equipos e asesoramento na elaboración dun plan de empresa. A maiores, os equipos tiveron á súa disposición distintos espazos de co-working tanto no edificio Emprendia como nas Facultades de CCEE e ADE en Santiago e Lugo.

Na presente edición pasaron polo Programa cerca de 40 emprendedores de 17 titulacións diferentes, cunha destacada presenza dos graduados en Administración e Dirección de Empresas e de Ciencias Económicas.

Photo
Photo


 
TITULARES
 
PAIT
empresas incubadas
 
Relación de empresas incubadas e domiciliadas con UNINOVA.

ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
---
 
(c) 2005 UNINOVA, Sociedade para a Promoción de Iniciativas Empresariais Innovadoras, S.L.  | Texto legal
AENOR