UNINOVA

InnovatiaEdificio Emprendia

INICIO QUIENES SOMOS SERVICIOS DOCUMENTOS TIENES UNA IDEA?
 


 
GALEGO
ESPANOL
 
 
eventos


11/09/2017 - 31/12/2018  PROGRAMA ARGOS EDICIÓN 2017

 
noticias
  25/09/2017 CONVOCATORIA CONTRATACIÓN TEMPORAL: LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS | ler máis...
  18/09/2017 CONVOCATORIA CONTRATACIÓN TEMPORAL: LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS | ler máis...
 
   
 
Erasmus Jovenes

RedEmprendia
 
Red Incuba.
 
eventos
noticias
contacto
quienes somos
servicios
documentos
idea
 
eventos
 


Impacto do proxecto Europa Emprende IV

Resultados do proyecto EEIV despois de 24 meses de actividade.

Photo
14/05/2014 Xornada Dimensión Europea da FP

(31/01/2015)  O proxecto Europa Emprende IV desenvolveuse desde o 1 de febreiro de 2013 ata o 31 de xaneiro de 2015 no marco do ciclo 5 do Programa ERASMUS FOR YOUNG ENTREPRENEURS a través dun consorcio de catro socios:

-UNINOVA: incubadora de empresas da Universidade de Santiago de Compostela e do Concello de Santiago (España). www.uninova.org

-SPINPARK: incubadora de empresas promovida pola Universidade de Minho, Avepark e Associação do Parque de Ciência e Tecnologia do Porto (Portugal). www.spinpark.pt

-MCON: consultora privada cunha larga traxectoria asesorando a PEMEs Alemaña). www.mcon-consulting.de

-AFO: Departamento da Universidade de Munster enfocado á transferencia de tecnoloxía (Alemaña). https://www.uni-muenster.de/AFO

O obxectivo xeral do proxecto Europa Emprende IV foi o de fomentar o espírito emprendedor en Europe así como apoiar o emprendemento, a internacionalización, a competitividade de emprendedores potenciais e os start-ups. Por outra banda, tivo tamén un obxectivo específico, a promoción de intercambios de experiencias, a aprendizaxe intercultural, a formación, e a constitución de redes entre emprendedores potenciais que están desenvolvendo os seus proxectos ou que xa os iniciaron pero teñen menos de 3 anos de vida ("New Entrepreneurs" ou NEs) e empresarios experimentados de países da UE ("Hosting Entrepreneurs" ou HEs).

Durante 24 meses o noso traballo organizouse en catro paquetes de traballo: xestión do proxecto, promoción do programa Erasmus for Young Entrepreneurs e recrutamento de emprendedores, a busca de candidatos para os intercambios y a xestión destes.

Paquete de Traballo nº1: “Coordination, monitoring, evaluation and networking”. Centrouse en asegurar a coordinación do Proxecto para que en todo momento se desenvolvese conforme a criterios de efectividade e eficiencia, facendo un seguimento continuo de todas as actividades para conseguir deste modo os obxectivos fixados.

A finalidade del Paquete de Traballo nº2, “Promotional activities and recruitment of entrepreneurs”, era a promoción e difusión do Programa Erasmus for Young Entrepreneurs así como de todas as actividades do proxecto Europa Emprende IV coa finalidade de atraer a emprendedores que puidesen participar en experiencias de mobilidade.

O nos consorcio conseguiu durante os dous anos de vida do proxecto máis de 1.700 beneficiarios indirectos (903 NEs, 602 HEs e 250 formadores) e 74 beneficiarios directos dun intercambio (34 emprendedores enviados a outros países europeos e 40 emprendedores europeos acollidos polo nosos empresarios).

O Paquete de Traballo nº 3, “Building relationships among entrepreneurs” centrouse na definición duns criterios comúns para todo o consorcio á hora de seleccionar os NEs e HEs máis idóneos para unha relación, a definición dun plan de Traballo a realizar durante o intercambio e a formalización dos acordos entre os emprendedores. Todo o proceso era seguido moi de cerca polos socios para garantir o éxito dos intercambios.

Paquete de Traballo nº4: “Management of the relationships”. Centrábase na preparación de ambos emprendedores para o intercambio, tanto o NE que viaxaba ao estranxeiro como o HE que acollía na súa empresa, ofrecendo apoio económico e soporte loxístico ao novo emprendedor así como asesoramento personalizado ao empresario.

O feito de que tres dos catro socios deste consorcio tivesen xa experiencia no Programa Erasmus for Young Entrepreneurs desde o ciclo 2 do mesmo (e o carto socio desde o ciclo 4) permitiu ao consorcio non so acadar todos os obxectivos inicialmente fixados senón mesmo superar en ocasións as previsións. Todos os socios realizaron un gran esforzo na difusión deste Programa o que se traduciu nun elevado número de potenciais candidatos e, en consecuencia, de intercambios xestionados.




Documento relacionado:
docEEIV impact

Photo
25-26/10/2013 Congreso Internacional da Xuventude
Photo
26/09/2013 Xornada para a Empregabilidade


 
TITULARES
 
PAIT
empresas incubadas
 
Relación de empresas incubadas e domiciliadas con UNINOVA.

ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
---
 
(c) 2005 UNINOVA, Sociedade para a Promoción de Iniciativas Empresariais Innovadoras, S.L.  | Texto legal
AENOR