UNINOVA

InnovatiaEdificio Emprendia

INICIO QUIENES SOMOS SERVICIOS DOCUMENTOS TIENES UNA IDEA?
 


 
GALEGO
ESPANOL
 
 
eventos


11/09/2017 - 31/12/2018  PROGRAMA ARGOS EDICIÓN 2017

 
noticias
  25/09/2017 CONVOCATORIA CONTRATACIÓN TEMPORAL: LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS | ler máis...
  18/09/2017 CONVOCATORIA CONTRATACIÓN TEMPORAL: LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS | ler máis...
 
   
 
Erasmus Jovenes

RedEmprendia
 
Red Incuba.
 
eventos
noticias
contacto
quienes somos
servicios
documentos
idea
 
eventos
 


UNINOVA xestionou 62 movilidades internacionais

Entre 2010 e 2014, Uninova, a incubadora de empresas da USC e do Concello, xestionou 62 intercambios dentro do Programa da UE "Erasmus for Young Entrepenreurs"

Photo

(13/11/2014)  Uninova, que leva participando neste Programa de mobilidade da UE desde o ano 2010, xestionou 62 intercambios en catro anos.

O programa é unha iniciativa da UE para o intercambio de emprendedores e empresas procedentes de diversos países da UE

Entre 2010 e 2014, UNINOVA, a incubadora de empresas da USC e do Concello, ubicada no Edificio Emprendia do Campus Vida, xestinou a realización de 62 intercambios entre emprendedores, 52 emprendedores españois (33 emprendedoras e 19 emprendedores) viaxaron a países europeos e 10 emprendedores estranxeiros (6 emprendedoras e 4 emprendedores) foron acollidos en PEMEs españolas.

Uninova participou nas catro últimas convocatorias liderando outros tantos proxectos a través de consorcios internacionais nos que participaron diversas universidades, centros de investigación, consultoras ou incubadoras de Alemaña, Portugal ou Países Baixos. En calidade de Intermediary Organization (IO), en toda Europa participan neste programa un centenar de entidades, de entre as que Uninova colectou nestas dúas últimas convocatorias o recoñecemento de situarse como a oitava IO que mellor desenvolve o seu traballo en 2014 e sétima en 2013. Ademais, Uninova é a única IO autorizada na Comunidade Autónoma de Galicia.

O programa Erasmus for Young Entrepreneurs permite que emprendedores/as cun plan de empresa elaborado ou emprendedores que xa crearon a súa empresa (sempre que se trate dunha PEME e teña menos de tres anos de existencia) poidan realizar unha estadía formativa de entre 1 e 6 meses cun empresario experimentado doutro país da UE así como dun grupo de países participantes (nesta última edición: Liechtenstein, Noruega, Macedonia, Islandia, Montenegro, Turquía, Albania, Serbia e Israel).

Os 52 Novos Emprendedores (New Entrepreneurs) que puideron desfrutar dunha estadía tiveron a oportunidade de coñecer e intercambiar experiencias de traballo con empresarios experimentados doutros países da Unión Europea a través do programa Erasmus for Young Entrepreneurs. Este programa é unha iniciativa da UE para o intercambio de emprendedores e empresas procedentes de diversos países da UE.


Ao longo destes catro anos de traballo, Uninova xestionou as solicitudes de emprendedores tanto da comunidade universitaria como de fóra dela. Concretamente, na convocatoria vixente, preto do 60% estaban vinculados a alumnos e egresado da USC pero cae o 40% restante procedía das outras universidades galegas e mesmo doutras comunidades autónomas.

Nas súas estadías para coñecer outras experiencias, emprendedores e emprendedoras dirixíronse a un total de doce países, aínda que o maior interese concentrouse en empresas de Reino Unido (11 estadías), Alemaña (9), Italia (9), Portugal (9), Francia (5), Países Baixos (3), Austria (1), Bélxica (1), Croacia (1), Malta (1), Rumanía (1) e Suecia (1).

Pero ademais, Galicia tamén foi destino para un total de dez emprendedores procedentes de Portugal (4), Italia (3), Bélxica (1), Hungría (1) e Suecia (1) que foron acollidas por Host Entrepreneurs galegos.


VANTAXES QUE O PROGRAMA OFRECE AOS EMPRENDEDORES:

-Oportunidade única de mellorar a súa experiencia emprendedora.
-Acceso a unha rede de contactos internacionais.
-Mellora do coñecemento sobre mercados internacionais.
-Desenvolvemento de novas oportunidades de negocio e posibilidade de encontrar posibles socios estratéxicos.
-Mellora do coñecemento de linguas estranxeiras.
-Axuda económica para a estadía (de acordo ao país de acollida)
-Asistencia e apoio por parte do organismo intermedio (UNINOVA) durante todo o proceso.

Para poder participar, o emprendedor simplemente ten que cubrir un formulario de inscrición expoñendo as súas motivacións e expectativas (en inglés), presentar un plan de negocio (pode estar en galego ou castelán) e o seu curriculum vitae (preferiblemente en inglés e en formato europeo) así como un resumo executivo do plan de negocio (en inglés).

A páxina web do Programa Erasmus for Young Entrepreneurs onde se debe formalizar a inscrición é http://www.erasmus-entrepreneurs.eu/ apartado “apply now”. Alí o emprendedor debe darse de alta introducindo unha dirección e-mail. Unha vez feito isto, accederá a un formulario online, que deberá ser cuberto en inglés. Ao final do formulario hai que escoller unha organización intermediaria, nesta selección é onde aparece UNINOVA como organización intermediaria (IO) coa seguinte denominación IO224 - SOCIEDADE PARA A PROMOCIÓN DE INICIATIVAS EMPRESARIAIS INNOVADORAS, S.L. (UNINOVA).

Na actualidade, Uninova presentou a súa solicitude para participar unha vez máis neste Programa cun novo proxecto e cun consorcio internacional ampliado, que inclúe 3 asociacións de desenvolvemento de Polonia e Estonia.


Enlace relacionado:
www.erasmus-entrepreneurs.eu/

Documento relacionado:
docNota de prensa enviada aos medios

Photo
Emprendedores enviados 2010-2014
Photo
Paises de destino dos intercambios


 
TITULARES
 
PAIT
empresas incubadas
 
Relación de empresas incubadas e domiciliadas con UNINOVA.

ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
---
 
(c) 2005 UNINOVA, Sociedade para a Promoción de Iniciativas Empresariais Innovadoras, S.L.  | Texto legal
AENOR