UNINOVA

InnovatiaEdificio Emprendia

INICIO QUIENES SOMOS SERVICIOS DOCUMENTOS TIENES UNA IDEA?
 


 
GALEGO
ESPANOL
 
 
eventos


11/09/2017 - 31/12/2018  PROGRAMA ARGOS EDICIÓN 2017

 
noticias
  25/09/2017 CONVOCATORIA CONTRATACIÓN TEMPORAL: LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS | ler máis...
  18/09/2017 CONVOCATORIA CONTRATACIÓN TEMPORAL: LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS | ler máis...
 
   
 
Erasmus Jovenes

RedEmprendia
 
Red Incuba.
 
eventos
noticias
contacto
quienes somos
servicios
documentos
idea
 
eventos
 


UNINOVA e o Programa ERASMUS for Young Entrepreneurs

A finais de xaneiro de 2014 remata o proxecto liderado por UNINOVA, Europa Emprende III, enmarcado dentro do Programa ERASMUS for Young Entrepreneurs da CE co resultado de 22 mobilidades internacionais de emprendedores xestionadas.

Photo

(26/01/2014)  O Programa Erasmus para Mozos Emprendedores axuda aos aspirantes europeos a empresarios a adquirir as habilidades necesarias para crear e/ou dirixir con éxito unha pequena ou mediana empresa en Europa. Os novos emprendedores adquiren e intercambian coñecementos e ideas de negocio con empresarios experimentados da Unión Europea e un grupo de países participantes (Liechtenstein, Noruega, Antiga República de Iugoslavia, República de Macedonia, Islandia, Montenegro,Turquía, Albania, Serbia e Israel) cos que conviven e colaboran durante períodos de entre 1 e 6 meses en estadías parcialmente subvencionadas pola Comisión Europea.

Uninova participou neste Programa como líder dun consorcio integrado pola Universidade de Münster, a Associação Spinpark e Mcon Dieter Meyer Consulting, co proxecto Europa Emprende III, desenvolvido desde maio de 2012 a xaneiro de 2014.

Por unha banda, levamos a cabo un gran número de actividades de difusión orientadas a achegar o Programa ao seu público obxectivo, entre as que destacaríamos a nosa participación en Xuventude en Movemento 2012 ou no Día do Emprendedor 2013 - no que respecta ao publico New Entrepreneurs - e a organización dun Info Day para Empresarios de Acollida, para acercar o Programa a Host Entrepreneurs.

Non obstante, a meirande parte dos nosos esforzos orientáronse a tarefas de formalización do rexistro dos emprendedores captados, de busca de “matchings” para os emprendedores e de xestión das relacións establecidas. Durante estes 18 meses traballouse con moreas de emprendedores galegos, principalmente do contorno das tres universidades da nosa comunidade, para chegar a formalizar 22 intercambios. Destes, o 36% dos emprendedores elixiron como país de destino o Reino Unido e o 26% Alemaña; o resto dos participantes repartíronse entre Francia, Portugal, Países Baixos e Bélxica.

No que respecta á distribución das bolsas concedidas por sexo, o 58% das mesmas foron obtidas por emprendedoras fronte ao 42% de emprendedores.
O presuposto total destinado a bolsas para todo o período foi de 53.840 euros. No tocante á duración das estadías, o 58% dos emprendedores optaron por unha estadía de 3 meses, sendo minoritarios os que preferiron estadías moi curtas (1-2 meses un 20%) ou moi longas (5-6 meses o 10%).

Por último, resulta salientable que fronte á gran resposta atopada nos nosos novos emprendedores para participar na aventura emprendedora en Europa, non observamos a mesma implicación nos empresarios da nosa comunidade, que participan moi minoritariamente no Programa. O principal motivo que argumentan os empresarios para non participar como empresarios de acollida de novos emprendedores doutros países da UE é a barreira idiomática, xa que o inglés é o idioma de traballo habitual en todos os intercambios, sexan estes no país que sexan.


Enlace relacionado:
www.erasmus-entrepreneurs.eu

Photo
Stand do Erasmus en Xuventude en Movemento 2012
Photo
Eramus Info Day for HEs 2013


 
TITULARES
 
PAIT
empresas incubadas
 
Relación de empresas incubadas e domiciliadas con UNINOVA.

ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
---
 
(c) 2005 UNINOVA, Sociedade para a Promoción de Iniciativas Empresariais Innovadoras, S.L.  | Texto legal
AENOR