UNINOVA

InnovatiaEdificio Emprendia

INICIO QUIENES SOMOS SERVICIOS DOCUMENTOS TIENES UNA IDEA?
 


 
GALEGO
ESPANOL
 
 
eventos


11/09/2017 - 31/12/2018  PROGRAMA ARGOS EDICIÓN 2017

 
noticias
  25/09/2017 CONVOCATORIA CONTRATACIÓN TEMPORAL: LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS | ler máis...
  18/09/2017 CONVOCATORIA CONTRATACIÓN TEMPORAL: LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS | ler máis...
 
   
 
Erasmus Jovenes

RedEmprendia
 
Red Incuba.
 
eventos
noticias
contacto
quienes somos
servicios
documentos
idea
 
eventos
 


ERASMUS INFO DAY para empresarios de acollida

Uninova organizou en Santiago, en colaboración coa USC e o IGAPE un INFO DAY sobre o Programa Erasmus for Young Entrepreneurs para captar Empresarios de Acollida.

Photo

(11/10/2013)  UNINOVA, Intermediary Organisation do Programa ERASMUS FOR YOUNG ENTREPRENEURS, organizaou xunto coa Universidade de Santiago de Compostela e o Instituto Galego de Promoción Económica un Info Day coa finalidade de dar a coñecer aos empresarios galegos este Programa da Comisión Europea. Así mesmo, aproveitouse a ocasión para informar a todos os asistentes sobre os apoios que actualmente ofrece o Igape no eido do Emprendemento.

No acto – que tivo lugar no Edificio CERSIA de Santiago- participaron José Luis Villaverde, Director da Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da USC e Norberto Penedo, Director da Área de Competitividade do IGAPE.

O Programa Erasmus for Young Entrepreneurs permite que empresarios de pequenas e medianas empresas (PEMEs) poidan acoller a un novo emprendedor doutro país da Unión Europea así como dun grupo de países participantes (Liechtenstein, Noruega, Antiga República de Iugoslavia, República de Macedonia, Islandia, Montenegro,Turquía, Albania, Serbia e Israel) por un período de entre 1 e 6 meses de forma totalmente gratuíta para a empresa.

Moitas son as vantaxes para os que participan no Programa como Empresarios de Acollida (Host Entrepreneurs) pero destacaríamos as seguintes:

-Chegada de novas ideas e puntos de vista que contribuirán positivamente ao desenvolvemento da empresa.

-Mellor coñecemento sobre mercados estranxeiros, incluíndo posibles contactos estratéxicos, e aumentando deste xeito as posibilidades e oportunidades de internacionalización.

-Mellora do crecemento potencial da empresa a través de novas oportunidades de negocio co novo emprendedor.

-Posibilidade de interactuar con outras empresas europeas de acollida pasando a formar parte dunha rede europea de empresarios de éxito.

-Aumento da visibilidade e o prestixio do negocio pola repercusión pública do programa ERASMUS.

-Acceso ao uso da imaxe do programa así como ao certificado oficial de participación como empresario de acollida.

O empresario de acollida conta en todo momento co asesoramento e apoio de Uninova para o proceso de rexistro, busca de novos emprendedores e xestión dos intercambios.

Photo
José Luis Villaverde Acuña e Norberto Penedo
Photo


 
TITULARES
 
PAIT
empresas incubadas
 
Relación de empresas incubadas e domiciliadas con UNINOVA.

ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
---
 
(c) 2005 UNINOVA, Sociedade para a Promoción de Iniciativas Empresariais Innovadoras, S.L.  | Texto legal
AENOR