Uninova presentou o programa Erasmus for Young Entrepreneurs en Tui
A Universidade de Santiago de Compostela, a través de Uninova, participou nas xornadas Xuventude en Movemento (Youth on the Move) na Eurocidade Tui-Valença cun stand e unha presentación do programa Erasmus for Young Entrepreneurs.
(29/10/2012)
Os pasados días 26 e 27 de outubro tivo lugar en Tui, enmarcado nos actos da Eurocidade Tui-Valença, a última xornada do programa Xuventude en Movemento, unha campaña de difusión das iniciativas europeas en materia de xuventude, promovida pola Unión Europea e organizada pola Xunta de Galicia. Esta iniciativa, dentro do programa marco Estratexia Europa 2020, pretende dar resposta aos retos aos que se enfrentan os novos na actualidade e axudalos a ter éxito profesional mediante o fomento da mobilidade, a educación, a difusión do espírito emprendedor e do emprego.
Unha carpa, instalada no céntrico Paseo da Corredoira, acolleu diversos stands de institucións públicas relacionadas coa promoción do Emprego e a formación da xuventude. A Universidade de Santiago de Compostela estivo presente no evento a través da súa incubadora de empresas, UNINOVA, cun stand sobre o Programa Erasmus for Young Entrepreneurs (Erasmus para Mozos Emprendedores), ao que se acercaron numerosos mozos para interesarse polo procedemento de obtención dunha bolsa, así como cunha presentación do Programa a cargo dunha das persoas responsables do mesmo en Uninova, Mónica Suárez. Unhas 1.500 persoas, según os organizadores, visitaron as instalacións de Xuventude en Movemento e participaron nas súas actividades.
Enlace relacionado:
ec.europa.eu/youthonthemove
Documento relacionado:
Programa das xornadas

Stand de Uninova-USC |
|

Presentación do Programa |
|