10/11/2014 |
ACCIÓN FORMATIVA: “INICIATIVA EMPRENDEDORA” nos campus de Santiago e Lugo
A ESCOLA DE NEGOCIOS EOI IMPARTE NA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO A ACCIÓN FORMATIVA: “INICIATIVA EMPRENDEDORA” nos campus de Santiago e Lugo.
No marco da estratexia de alianzas da USC con axentes implicados na promoción do emprendemento, a AVTE da USC e UNINOVA colaboran coa Escola de Negocios EOI na impartición, na Universidade de Santiago de Compostela, de 2 módulos da acción formativa “Iniciativa Emprendedora”, unha no campus de Santiago e outra no campus de Lugo, nos meses de novembro e decembro 2014.
Esta formación será impartida pola Escola de Organización Industrial (EOI), pertencente ao Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, que posúe unha ampla experiencia na posta en marcha de empresas por teren participado na xestación de varios miles de proxectos de empresas tanto dentro como fora de España.
Esta acción formativa trátase dunha actividade teórico- práctica, de carácter gratuíto, dirixida a alumnos de máster, de últimos anos de grao, de postgrao, de doutoramento e egresados dos últimos anos en paro, nesta orde de preferencia.
O proceso formativo consta dunha parte lectiva, de 30 horas de duración, na que se transmiten conceptos imprescindibles para a creación dunha empresa e se reforza con 40 horas de titorización a distribuír entre todos os grupos de traballo. Os módulos que se impartirán na fase lectiva son os seguintes: Ecosistema emprendedor, Innovación; Estratexia, Finanzas, Marketing, Emprendedor, Propiedade Intelectual e Comunicación.
Ao mesmo tempo, crearanse grupos de traballo entre os participantes e cada grupo elaborará un plan de negocio partindo dunha idea de empresa. Durante as seis semanas de duración do curso, e coa axuda dun titor, elaborarase o plan de negocio. Por último, realizarase unha presentación de cada proxecto ao resto dos alumnos ou posibles inversores como exercicio práctico de comunicación.
O curso a celebrar no Campus de Santiago impartirase na aula de formación do Edificio Emprendia, principalmente en horario de tarde, os días: 10, 17, 24 e 25 de novembro e os días 1 e 11 de decembro.
O curso organizado no campus de Lugo impartirase en novembro e decembro (ubicación e datas pendentes de confirmar)
Para máis información:
Edición no campus de Santiago:
AVTE Campus de Santiago / UNINOVA
+34 881 815 596
rosamaria.sanchez@usc.es
Edición no campus de Lugo:
AVTE Campus de Lugo
+34 982 822 850
ramon.mazoy.fernández@usc.es
Inscricións nos seguintes enlaces:
Edición no campus de Santiago: http://www.eoi.es/portal/guest/curso/1057/iniciativa-emprendedora-santiago-de-compostela--universidad-de-santiago-de-compostela-2-edicion?EOI_tipoPagina=1
Edición no campus de Lugo: http://www.eoi.es/portal/guest/curso/1000/iniciativa-emprendedora-lugo-universidad-de-santiago-de-compostela?EOI_tipoPagina=1 .
Más info:
www.eoi.es/portal/guest/curso/1057/iniciativa-emprendedora-santiago-de-compostela--universidad-de-santiago-de-compostela-2-edicion?EOI_tipoPagina=1
cartel do curso
|