| |
|
04/06/2010 |
PROGRAMA FORMATIVO "SAE AO MERCADO"
Uninova, en colaboración coa Federación Galega de Xoves Empresarios (FEGAXE) e Bic Galicia, organiza o programa formativo “Saeómercado” dirixido a apoiar ás empresas na súa etapa de saída ao mercado e tamén a asesorar e acompañar aos empresarios que xa iniciaron actividade na mellora e definición da súa estratexia de negocio.
O programa formativo consta de tres etapas:
1.- Talleres prácticos de aprendizaxe nas principais áreas da xestión empresarial da man de profesores expertos en cada unha delas. Esta etapa terá unha duración total de 40 horas a impartir os venres pola tarde, en horario de 16.00 a 20.00, e sábados pola mañá, en horario de 9.30 a 13.30, desde o 4 de xuño ata o 9 de xullo. Os módulos formativos que integran esta primeira etapa son os seguintes:
- Empresa: Definición estratéxica e desenvolvemento do plan director (días 4 e 5 de xuño)
- Proceso Comercial-Marketing: Produtos, prezos, comunicación; Plan comercial – Vendas; Presentación de proxectos. (días 11 e 12 de xuño)
- Dirección de operacións: Xestión e planificación de procesos e proxectos; Xestión de calidade. (días 19 e 25 de xuño)
- Control da xestión: Presuposto anual; Xestión da tesourería; Negociación bancaria. (días 26 de xuño e 2 de xullo)
- Dirección e xestión dos recursos humanos: Dirección e xestión das persoas; Planificación e xestión dos recursos humanos; selección de Persoal. (días 3 e 9 de xullo)
2.- Rede de Mentoring. Durante os meses de setembro e outubro establecerase un calendario de reunións entre o mentor (empresario con ampla experiencia) e cada empresa participante.
3.- Encontro Comercial. Coa participación de todos os participantes en edicións anteriores.
O custo real desta acción formativa ascendería a 1.200 € pero os asistentes á mesma unicamente terán que pagar 60 €.
Más info:
Programa e boletín de inscrición
|
 |