UNINOVA

InnovatiaEdificio Emprendia

INICIO QUIENES SOMOS SERVICIOS DOCUMENTOS TIENES UNA IDEA?
 


 
GALEGO
ESPANOL
 
   
   
 
Erasmus Jovenes

RedEmprendia
 
Red Incuba.
 
eventos
noticias
contacto
quienes somos
servicios
documentos
idea
 
EMPRESA
 
AYECONOMICS

NOME

AYECONOMICS
RAZÓN SOCIAL
AYECONOMICS RESEARCH CENTRE, S.L.
PROMOTORES
Yolanda Pena Boquete, Aizhan Samambayeva, Melchor Fernandez Fernandez, Manuel Fernandez Grela
SECTOR DE ACTIVIDADE
7220\Investigación e desenvolvemento experimental en ciencias sociales e humanidades
ENDEREZO
Edificio Emprendia
Campus Vida s/n
15782 Santiago de Compostela
ESPAÑA
Tel. +34 678371270 / +34 610984731
Fax -
e-mail info@ayeconomics.com
web www.ayeconomics.com
 

EMPRESA
 
AYECONOMICS


AYeconomics proporciona aos seus clientes investigación de alta calidade e recomendacións de política derivadas da mesma sobre temas socioeconómicos. Colaborando con centros, universidades e institucións de investigación tanto nacionais como internacionais, a empresa trata de vincular o mundo académico cos axentes que toman decisións para xerar novas ideas e descubrir solucións innovadoras aos problemas da sociedade. Para a xeración de datos válidos, a simulación e a visualización dos efectos de políticas económicas, e xa que logo, facilitar toma de decisións, AYeconomics empregará coñecemento e tecnoloxías desenvolvidas polo Grupo de investigación de Análise e Modelización Económica (GAME) do Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) da Universidade de Santiago de Compostela. Ditas metodoloxías están soportadas en anos de investigación e múltiples servizos prestados no marco da asesoría en políticas económicas públicas a diversas institucións. As súas principais vantaxes están fundamentadas na súa flexibilidade e a posibilidade de ser implementadas cando a información é escasa. Estas permiten xerar información valiosa, cunha menor demanda de datos externos, e realizar as posteriores simulacións de política económica. Este feito é especialmente valioso posto que os mercados prioritarios de AYeconomics caracterízanse por ser contornas onde o acceso a variables socioeconómicas ou demográficas é realmente complexo.


Produtos e servizos

 

AYeconomics realiza catro produtos principais:

(1) investigación tanto proxectos ad hoc con especialización en economía rexional, mercado de traballo e medioambiente como proxectos de investigación básica que lles permitirá mellorar as súas outros servizos,

(2) o asesoramento sobre o deseño, execución e monitorización de políticas públicas é un servizo concibido especialmente para países que contan con limitacións para o acceso a datos e a investigación de alta calidade, e onde as capacidades das metodoloxías e algoritmos desenvolvidos polo grupo de investigación de Análise e Modelización Económica para traballar con pouca información serán especialmente útiles,

(3) A formación será cursos intensivos dunha ou dúas semanas en técnicas de investigación, mercado de traballo ou medioambiente e

(4) bases datos e indicadores útiles para toma de decisións e que será desenvolvidos baseados en metodoloxía internacional para aqueles países nos que pola falta de información aínda non foron realizados (estes inclúen indicadores de mercado de traballo, medioambiente e táboas input-output ademais do deseño das enquisas e recolleita de datos en temas específicos que demande o cliente).

AYECONOMICS
AYECONOMICS
 
 
PAIT
empresas incubadas
 
Relación de empresas incubadas e domiciliadas con UNINOVA.

ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
---
 
(c) 2005 UNINOVA, Sociedade para a Promoción de Iniciativas Empresariais Innovadoras, S.L.  | Texto legal
AENOR