UNINOVA

InnovatiaEdificio Emprendia

INICIO QUIENES SOMOS SERVICIOS DOCUMENTOS TIENES UNA IDEA?
 


 
GALEGO
ESPANOL
 
   
   
 
Erasmus Jovenes

RedEmprendia
 
Red Incuba.
 
eventos
noticias
contacto
quienes somos
servicios
documentos
idea
 
EMPRESA
 
DEROCERAS

NOME

DEROCERAS
RAZÓN SOCIAL
Deroceras, S.L.
PROMOTORES
María Córdoba Otero
SECTOR DE ACTIVIDADE
Agricultura/Control de Plagas
ENDEREZO
Rúa das Casas Reais, nº18-1ºD
15704 Santiago de Compostela
ESPAÑA
Tel. +34 981 557 756
Fax +34 881 815 591
e-mail maria.cordoba@deroceras.com
web www.deroceras.com
 

EMPRESA
 
DEROCERAS


Deroceras nace como resposta a unha demanda identificada no sector agrícola para a resolución de problemas derivados de pragas xa que actualmente prodúcese un 30% de mermas típicas en calquer cultivo polo efecto das pragas. O cambio climático, o desenvolvemento de novas variedades de cultivo ou novas técnicas agrícolas desencadean a aparición de novas pragas e ás xa existentes vólvense resistentes aos produtos comercializados ata o momento. A isto únese unha elevación dos estándares de calidade esixidos polos consumidores, que fai que a tolerancia do mercado a produtos con danos sexa menor e teña unha maior relevancia o orixe do produto e a súa trazabilidade.

Deroceras cobre un nicho de mercado aínda sen explotar, a xestión e previsión das pragas a través da elaboración de modelos de predición de abundancia e actividade dos animais. A súa importancia contemplase na mellora da produción agrícola, limitando o uso de fitosanitarios e aproximándonos a unha agricultura sostible.

A visión de Deroceras é converterse nunha empresa orientada aos clientes, axudándolles a optimizar as súas producións. O noso trazo diferencial é a combinación da innovación na xestión de pragas xunto coa investigación constante na procura de novas solucións a problemas reais das producións agrícolas. O modelo de negocio da empresa está baseado no uso de novas técnicas resultado da experiencia investigadora que serán transferidas á industria e aos agricultores, proporcionando unha rápida resposta ante as pragas ou enfermidades que afecten ás colleitas.


Produtos e servizos

 

Deroceras SL ofrece un catálogo de solucións que permiten incrementar a porcentaxe de efectividade dos fitosanitarios e eliminar os riscos asociados a perda das colleitas, o que facilita os agricultores poder competir neste novo panorama do mercado:

1. ALERTA DE RISCO DE PRAGAS/APLICACIÓN DE FITOSANITARIOS

- Seguimento de especies causantes de plagas en explotaciones agrícolas (monitorización)
- Determinación da dinámica poboacional dos animais
- Elaboración de modelos de predición

Unha vez procesados os datos do cliente, axústase un modelo preditivo de abundancia e actividade que aconsella cando se deben aplicar fitosanitarios u outras medidas de control.

2. XESTIÓN INTEGRADA DE PRAGAS

- Asesoramento técnico para o desenvolvemento de ensaios con especies praga
- Suministro de especies praga
- Asesoramento en tratamentos concretos

3. ENSAIOS DE LABORATORIO

-Estudo da actividade de exemplares de diversas especies praga mantidas en condicións controladas de laboratorio.
- Estudo da actividade e consumo de alimento en poboacións de diferentes especies en condicións seminaturais, en relación a optimizar o uso de praguicidas e estudiar a eficacia de novos productos fitosanitarios.

4 .CONSULTORÍA ESPECILIZADA EN MÉTODOS DE CONTROL BIOLÓXICO

- Estudo e proposta de alternativas biolóxicas

DEROCERAS
DEROCERAS
 
 
PAIT
empresas incubadas
 
Relación de empresas incubadas e domiciliadas con UNINOVA.

ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
IMAGAMES 
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
---
 
(c) 2005 UNINOVA, Sociedade para a Promoción de Iniciativas Empresariais Innovadoras, S.L.  | Texto legal
AENOR