|
Empresa de consultoría cultural constituída en agosto de 2009, Holística é unha spin-off con orixe académica no Grupo de Investigación Galabra da USC, que contou coa colaboración do programa de creación de empresas desta universidade “Empresa-Concepto”, calificada pola Xunta de Galicia como Iniciativa Empresarial de Base Tecnolóxica (IEBT). Integrada por profesionais formados nos ámbitos do estudo da cultura e a identidade, da edición e da filoloxía, a estrutura de RR HH da empresa complétase coa colaboración dos membros do Grupo de Investigación Galabra, que funciona como departamento de I+D+i de Holística.
| Produtos e servizos |
 |
Os nosos servizos integran a optimización de recursos para a mediación cultural e turística (planificación, programación e/ ou execución) e a xestión de políticas socioculturais para o desenvolvemento territorial e o relacionamento institucional ou empresarial. Ademais de desenvolver traballos para ámbitos locais e autonómicos, Holística inova no mercado coa súa especialización en servizos para o ámbito das relacións cos países de lingua portuguesa, nicho de mercado en expansión e deficitariamente aproveitado polas empresas e institucións galegas e españolas.
Entre os nosos produtos encóntranse: a asesoría sobre relacións culturais, a asesoría lingüística, a elaboración de contidos culturais, a organización de eventos, a formación cultural e lingüística (dos ámbitos culturais en foco), a elaboración de planos e campañas de dinamización do turismo cultural e a planificación cultural e lingüística.
|