|
Galician Marine Aquaculture, S.L. é unha empresa cualificada como IEBT (Iniciativa de Base Tecnolóxica) e gañadora do 1º premio no III Concurso de Iniciativas Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela en Fase Proxectos de Base Tecnolóxica. A compañía iniciou a súa actividade en xaneiro de 2004. O grupo promotor e os socios fundadores da empresa está formado por catro profesionais, un doutor en Bioloxía, un licenciado en Bioloxía, un enxeñeiro en Acuicultura e un enxeñeiro en Química. Actualmente ao capital social da empresa incorporáronse dous novos socios, Rosp Corunna e Frigoríficos Fandiño.
| Produtos e servizos |
 |
Galician Marine Aquaculture, S.L. é unha empresa pioneira en España no desenvolvemento do cultivo do abalón ou orella de mar, molusco gasterópodo altamente demandado polo mercado asiático. Actualmente, a compañía está tramitando os permisos e as autorizacións pertinentes para construír a súa planta de cultivo nunha parcela de máis de 25.000 m2 cerca da cidade de Muros.
O obxectivo da compañía a medio prazo é consolidar a súa presenza nun novo sector produtivo e contribuír á diversificación da acuicultura rexional e nacional, e a longo prazo, posicionarse como líder europeo en volumes de produción de abalón e punto de referencia desta actividade en España.
|