Título: Curso de Emprendemento Universitario: O que te interesa saber antes de
crear a túa empresa.
Curso gratuíto. Concederase un crédito de libre configuración.
Data: do 24 ao 28 de marzo de 2008.
Horario: de 16.00 a 21.00 horas
Lugar: Aula Magna da Facultade de Química. Campus Sur.
Para máis información: Uninova. TEL. 981 519 600 e-mail: monica@uninova.org
OBXECTIVOS:
O obxectivo fundamental deste curso é facilitar a alumnos universitarios con escaso coñecemento acerca da xestión empresarial, os criterios de análise precisos á hora de poñer en marcha unha nova iniciativa empresarial. Analizarase a idea empresarial e articularase nun plan de empresa que recolla os aspectos fundamentais: Integración da empresa no seu entorno, análise do plan director da empresa e análise económico da empresa.
Adicionalmente, realizarase un análise das axudas existentes para iniciativas empresariais procedentes do público universitario.
O perfil dos asistentes será de alumnos universitarios procedentes de todas as titulacións.
