Edificio Cersia Empresa

Novidades

  • Xornada lanzamento proxecto IBEROBIO

    Xornada lanzamento proxecto IBEROBIO

    Do 01 de decembro de 2023 ao 12 de decembro de 2023

    O vindeiro día 11 de decembro terá lugar nas instalación do Biopolo Sionlla-CSIEB Centro de Servicios Innovadores para Empresas Biotecnolóxicas a xornada de lanzamento do proxecto IberoBio, cara a consolidación , posicionamento e internacionalización do sector biotecnolóxico ibérico transfronteirizo.

  • Uninova participa no proxecto IBERO_BIO: Cara á consolidación, posicionamento e internacionalización do sector biotech ibérico

    Uninova participa no proxecto IBERO_BIO: Cara á consolidación, posicionamento e internacionalización do sector biotech ibérico

    Do 28 de novembro de 2023 ao 28 de outubro de 2025

    O proxecto expón a ampliación da Agrupación industrial Transfronteiriza de Biotecnoloxía desenvolvido na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal a través dos proxectos CTBio e Capitaliza_CTBio para a creación e desenvolvemento do “Polo Ibérico Transfronteirizo de Biotecnoloxía”, co obxectivo de favorecer o crecemento e expansión internacional do tecido biotech transfronteirizo a nivel ibérico. Desenvolveranse de maneira colaborativa unha serie de actividades baseadas no talento, a hibridación sectorial e a competitividade empresarial das pemes biotech, onde elementos como a innovación, o acceso ao financiamento, a complementariedade e a dixitalización serán claves para a internacionalización. O proxecto 0041_IBERO_BIO_6_E está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional FEDER no marco do programa Interreg VI A España – Portugal (POCTEP) 2021-2027

  • INDROPS MEDIO AMBIENTE, S.L.  desenvolveu un proxecto no cadro da convocatoria CONSOLIDA BIO

    INDROPS MEDIO AMBIENTE, S.L. desenvolveu un proxecto no cadro da convocatoria CONSOLIDA BIO

    Do 10 de outubro de 2023 ao 10 de outubro de 2024

    Unha das empresas en incubación virtual con UNINOVA, INDROPS MEDIO AMBIENTE, S.L. desenvolveu un proxecto no cadro da convocatoria CONSOLIDA BIO No proxecto, dentro da liña de axudas CONSOLIDA BIO, INDROPS (www.indrops.es) implementou 2 liñas de innovación. O proxecto de innovación vai permitir a INDROPS construír unhas novas instalacións, dotarse de novo instrumental de alta precisión e abrir novas liñas de negocio para adaptarse ás crecentes esixencias do mercado, dando así un salto cualitativo na súa actividade. A liña de axudas CONSOLIDA BIO foi convocada por GAIN (Axencia Galega de Innovación) para o apoio á consolidación do sector biotecnolóxico a través de plans de investimento e innovación, financiados no marco do eixo REACT-UE do programa operativo do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) de Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión á pandemia da COVID-19.

  • PROGRAMA  AKADEMIA Edición 2023-2024.Curso de innovación on line gratuito para alumnos da USC

    PROGRAMA AKADEMIA Edición 2023-2024.Curso de innovación on line gratuito para alumnos da USC

    Do 12 de setembro de 2023 ao 09 de febreiro de 2024

    Uninova colabora coa Fundación Innovación Bankinter nunha nova edición do Programa de Innovación AKADEMIA para alumnos da USC, un programa innovador con expertos de referencia internacional que te axudará a coller as rendas do teu futuro e a levar a túa carreira ao seguinte nivel. Esta edición vaise facer en modo on line con 3 convocatorias distintas, para intentar adaptarse mellor aos distintos horarios do alumnado. A participación terá carácter gratuíto para os alumnos da USC.

  • Campus Emprende Verán 2023

    Campus Emprende Verán 2023

    Do 19 de xuño de 2023 ao 15 de xullo de 2023

    A Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento (AVTE) da USC lanza un Campus de Emprendemento para que o estudantado que teña unha idea de negocio baseada no seu Traballo Fin de Grao (TFG), Traballo Fin de Mestrado (TFM), tese de doutoramento ou nun concepto innovador poida desenvolver un proxecto empresarial de éxito. As persoas participantes poderán coñecer cales son os primeiros pasos para transformar a idea de negocio que incluíches no teu traballo universitario nun proxecto empresarial de éxito. O Campus Emprende Verán 2023 terá lugar de forma presencial en Compostela (Centro de Estudos Avanzados), do luns 3 ao venres 7 de xullo de 2023; e en Lugo (Edificio Cactus) do luns 10 ao venres 14 de xullo.

  • Uninova e a Cámara de Comercio de Santiago participarán no IX Encontro Transfronteirizo das Redes de Información Europea de Galicia e Norte de Portugal

    Uninova e a Cámara de Comercio de Santiago participarán no IX Encontro Transfronteirizo das Redes de Información Europea de Galicia e Norte de Portugal

    17 de abril de 2023

    O Encontro, que terá lugar en Leça da Palmeira (Portugal) o vindeiro mércores, 19 de abril, permitirá ás Redes de Información Europea de Galicia e Norte de Portugal intercambiar experiencias e boas prácticas e explorar oportunidades de colaboración para os anos 2023 e 2024.

  • Contratación persoal 2023

    Contratación persoal 2023

    03 de febreiro de 2023

    No apartado transparencia desta mesma páxina (parte inferior) podes consultar as bases publicadas para a contratación temporal de persoal en Uninova. Data de publicación 03/02/2023.

  • Encontro Internacional

    Encontro Internacional

    Do 21 de outubro de 2022 ao 31 de marzo de 2023

    Compostela acollerá o Encontro Internacional de xestores do programa Erasmus para Mozos Emprendedores . • A Cámara de Comercio de Santiago e Uninova son dous intermediarios deste programa a nivel nacional. • Esta candidatura foi promovida pola Cámara de Comercio de Santiago co apoio de Uninova e do Concello de Santiago.

  • PROGRAMA AKADEMIA Edición 2022-2023 Curso de Innovación on line gratuíto para alumnos da USC

    PROGRAMA AKADEMIA Edición 2022-2023 Curso de Innovación on line gratuíto para alumnos da USC

    Do 22 de setembro de 2022 ao 23 de decembro de 2022

    Uninova está a colaborar coa Fundación Innovación Bankinter nunha nova edición do Programa de Innovación AKADEMIA para alumnos da Universidade de Santiago de Compostela. Nesta edición, como na pasada, vaise facer en modo on line con 3 convocatorias distintas, para intentar adaptarse mellor aos distintos horarios do alumnado, e ofrecendo aos alumnos a oportunidade de integrarse en grupos formados por estudantes de todas as universidades participantes, que son a USC, a Universitat Politècnica de València, a Universidad Loyola, a Universidad de Murcia e o IEB. A participación terá carácter gratuíto para os alumnos da USC.

  • Xornada peche proxecto Spin Up

    Xornada peche proxecto Spin Up

    22 de setembro de 2022

    O vindeiro martes, día 21de xuño de 2022, Uninova organiza a Xornada de peche do proxecto Spin Up. O evento terá lugar a partir das 10:30 horas no salón de actos da Área Empresarial do Tambre. A xornada permitirá coñecer tamén, novos detalles do proxecto Sionlla BioTech, que captará empresas biotecnolóxicas . O principal obxectivo de Spin UP é a creación de empresas a partires da transferencia de tecnoloxía e coñecemento.

Edificio Cersia

Quén somos?

Uninova (Sociedade para a promoción de Iniciativas Empresariais Innovadoras, M.P., S.L.), impulsada polo Concello de Santiago de Compostela e a USC, ofrece asesoramento, aceleración e soporte á creación de iniciativas empresariais innovadoras.

A súa finalidade é a de fomentar, facilitar, promocionar e impulsar toda clase de actuacións xeradoras de ocupación e de actividade económica na área de Compostela para contribuír á consolidación no Concello de Santiago de Compostela dun tecido económico xerador de emprego, riqueza e innovación.

A Sociedade realiza, ademais, pola súa condición de medio propio do Concello, servizos obxecto do encargo por parte do mesmo, podendo desenvolver as actividades económicas cuxo obxecto estea relacionado cos seus fins sociais.

Evento Uninova
Formación Uninova

Incubación Física

Uninova colabora cos axentes que ofrecen Servizos de Incubación Física ás empresas no Concello de Santiago de Compostela, actuando de facilitador, para que poidan acceder tanto aos espazos de incubación da Universidade de Santiago de Compostela, como ao Viveiro da Cámara de Santiago.

Universidade de Santiago de Compostela

Universidade de Santiago de Compostela

A Universidade de Santiago de Compostela ofrece espazos de incubación para empresas que precisen módulos de laboratorio e a infraestructura loxística e tecnolóxica necesaria para a incubación e aceleración dos seus proxectos en calquera área tecnolóxica. Tamén ofrece unha zona de servizos común, especialmente enfocada a proxectos biotecnolóxicos, como sala de cultivos, sala branca, PCR, HPLC, sala de conxeladores, etc.

Datos de contacto:
Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento (AVTE)
Universidade de Santiago de Compostela
Avenida das Ciencias, 6, 4ºD.
Campus Vida
15782 Santiago de Compostela
usc.gal/avte
avte@usc.es

Viveiro de Empresas da Cámara de Comercio de Santiago

Viveiro de Empresas da Cámara de Comercio de Santiago

O Viveiro de Empresas da Cámara de Comercio de Santiago é unha alternativa idónea para emprendedores, empresas que inician a súa aventura empresarial e empresas xa constituídas.

Trátase dunha estrutura de acollida e apoio temporal óptima para o nacemento, arranque e consolidación de novos proxectos empresariais. É por tanto, moito máis que un edificio singular. Moito máis que un espazo para o aloxamento de empresas.

É un espazo de acompañamento empresarial, onde o emprendedor ademais de servizos de infraestrutura e loxística, vai recibir formación, titorización e asesoramento especializado segundo as necesidades propias de cada proxecto e vai poder formar parte da maior rede empresarial de toda Europa: a REDE INCYDE.

Este é o seu verdadeiro elemento diferenciador e o seu valor engadido, o cal lle permitiu invertir a taxa de mortalidade das empresas incubadas e ser recoñecido pola Fundación das Caixas de Aforros (FUNCAS) como o mellor Viveiro de Empresas de España.

Datos de contacto:
camaracompostela.com
981 596 800
serviciotecnico@camaracompostela.com

Servizos de
Incubación Virtual

  • Asesoramento e seguimento de proxectos
  • Acceso á oferta formativa propia e externa
  • Domiciliación social e fiscal da empresa na nosa dirección
  • Información sobre axudas
  • Atención telefónica
  • Inclusión da empresa na web
  • Recepción de correspondencia
  • Salas de reunión
  • Acceso á rede de contactos de Uninova

Programas e Servizos

Dende Uninova ofrecemos, a través dos distintos programas e servizos, atención ás personas emprendedoras sobre o desenvolvemento da súa idea, o plan de empresa, a constitución e a consolidación.

Pre-Incubación

Argos

O seu obxectivo é sensibilizar e adestrar estudantes e investigadores da USC no proceso de elaboración do plan de negocio e promover a creación de empresas na comunidade universitaria. Tomando como eixes o “traballo en equipo” o “aprender facendo”, acompáñase aos emprendedores no proceso de definición dunha idea de negocio, e avalíase a súa capacidade de chegar a un proxecto empresarial convincente.

Saber máis…

Explorer "Jóvenes con Ideas”

Programa Santander Explorer ‘Mozos con ideas’ que impulsa o talento e a xeración de ideas innovadoras entre a mocidade. Promovido polo Banco Santander a través do Santander Universidades e coordinado polo Centro Internacional Santander Emprendemento (CISE) co apoio local da Universidade de Santiago de Compostela e a Xunta de Galicia. As persoas participantes benefícianse do acceso a un espazo coworking de alto rendemento con formación en innovación e modelos de negocio impartida por unha rede de máis de 200 expertos profesionais. Ao longo do programa reciben asesoramento personalizado para o desenvolvemento do seu proxecto e unha vez finalizado o proceso de formación e apoio, o mellor proxecto emprendedor de Explorer USC, realizará unha viaxe a Silicon Valley, o referente internacional máis importante en innovación e emprendemento, onde se lle brindará acceso a foros de financiamento, asesoramento en internacionalización e contacto con inversores. Ademais, os tres mellores proxectos nacionais recibirán 30.000, 20.000 e 10.000 euros para acelerar o desenvolvemento do seu negocio. Tamén se outorgará o premio Woman Explorer con 20.000 euros máis e que se concederá ao mellor premio liderado por unha muller e o Premio de Innovación Disruptiva, valorado en 3.000€.

Saber máis…

Incubación

Incubación física

Uninova, ubicada no Edificio Cersia Empresa facilita o encontro con axentes sociais e económicos en calquera sector empresarial, co gallo de promover e consolidar o tecido empresarial no Concello de Santiago.

Para dar apoio ás iniciativas empresariais que xorden, tanto da actividade da Área de Promoción de Emprego do Concello, como da I+D propia da USC e da cooperación entre a investigación universitaria e os seus socios empresariais, Uninova colabora activamente coas entidades que ofrecen servizos de incubación empresarial no Concello, concretamente coa USC e coa Cámara de Comercio.

PAE

A través da Red PAE Uninova presta servizos de asesoramento integral e información aos emprendedores así como, a realización de todos os trámites necesarios para constitución das empresas de forma telemática, baixo diferentes formas xurídicas.

Como Punto de Atención ao Emprendedor, Uninova, presta servizos de: información, tramitación de documentación, asesoramento, formación e apoio á financiación empresarial das novas iniciativas empresariais

Incubación virtual

As empresas incubadas virtualmente poderán ter en Uninova a súa razón social, acceso ás salas de reunións, asesoramento, recollida de correspondencia, atención chamadas telefónicas, recollida de paquetería, …

Formación

Spin Way

Spin Way é un programa internacional que combina a tradición do Camiño de Santiago co talento, axudando a novos emprendedores universitarios a poñer en marcha as súas empresas a través dunha vivencia única que pon a proba a resistencia, coñecemento e capacidade de cooperación dos participantes

Trátase dunha iniciativa aberta a estudantes de último ano de grao, de doutoramento ou posgrao nalgunha universidade da rexión iberoamericana que teñan un modelo de negocio que destaque polo seu elevado grao de innovación e potencial de crecemento, forte orientación ao mercado e alto impacto social, ambiental e económico nas comunidades onde se desenvolve. 

Saber máis…

Akademia

Uninova e a AVTE colaboran coa Fundación da Innovación Bankinter, na organización anual do “Curso de Innovación Akademia You Project” dirixido a estudantes de último ano de carreira, máster e posgrado co que se pretende estimular unha actitude proactiva en innovación e espertar o espírito emprendedor

Saber máis…

Proxectos

Centro de Servizos Innovadores para Empresas Biotecnolóxicas

Centro de Servizos Innovadores para Empresas Biotecnolóxicas

O Centro de Servizos Innovadores para Empresas Biotecnolóxicas é infraestrutura cuxo obxectivo prioritario é a provisión de solucións innovadoras adaptadas ás necesidades de empresas e centros de investigación e innovación do ecosistema biotecnolóxico galego, aspirando a ser o catalizador do seu crecemento, consolidación e internacionalización.

Concrétase nun Centro de Servizos, localizado no Parque Empresarial dá Sionlla en Santiago de Compostela, de 2.500 m2, conta con 18 espazos/laboratorios nos que as empresas poderán desenvolver a súa actividade. Ademais o Centro está dotado con salas auxiliares que complementan as necesidades das devanditas empresas: salas de cámaras frías, auga destilada, laboratorios de equipamento compartido, salas para almacenamento de materias primas e gases inertes, almacéns de residuos, etc.

Doutra banda, ao ser un espazo colaborativo, dotouse de salas para reunións, espazo de coworking e zonas de descanso nos que planificar accións conxuntas, proxectos, presentacións.

Saber máis…
Proxecto IberoBio

Proxecto IberoBio

IberoBio é un ambicioso proxecto, no que Uninova participa como socio, que ten como obxectivo a consolidación, o posicionamento e a internacionalización do sector biotech ibérico transfronteirizo. En IberoBio, cremos na colaboración estratéxica, a innovación e o crecemento conxunto. A nosa misión é impulsar o éxito das empresas biotecnolóxicas na península ibérica, promovendo a internacionalización, o acceso ao financiamento, a innovación e a promoción do sector. IberoBio se enorgullece de contar cunha rede de socios estratéxicos que abarcan institucións académicas, organizacións empresariais e entidades de investigación. Xuntos, formamos un ecosistema sólido que impulsa o crecemento e o éxito das empresas biotecnolóxicas na península ibérica.

O proxecto 0041_IBERO_BIO_6_E está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional FEDER no marco do programa Interreg VI A España – Portugal (POCTEP) 2021-2027

Saber máis…
YEIM UP

YEIM UP

Programa europeo de intercambio de emprendedores e empresas. Trátase dunha iniciativa da Unión Europea na que UNINOVA participa dende o seu lanzamento como proxecto piloto no ano 2010 e que ofrece aos novos emprendedores:

  • Estadías formativas (1-6 meses) nunha PEME da Unión Europea e un grupo de países colaboradores de fora da UE
  • Adquisición de habilidades e destrezas para levar a cabo o desenvolvemento dun negocio
Saber máis…
SPIN_UP

SPIN_UP

O proxecto SPIN_UP “Definición e implementación de NLT para a promoción de SpinOffs Universitarias e StartUps innovadoras”, liderado por Uninova, está cofinanciado polo Programa de Cooperación INTERREG V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020.

Trátase dun proxecto que permitirá mellorar o ecosistema de innovación e transferencia que xa posúen as universidades, achegándoo e facendo mais visible aos sectores empresariais, propiciando así a creación e a consolidación de novas iniciativas empresariais, no Espazo de Cooperación, partindo da existencia e identificación dunha necesidade ou reto. Ademais servirá para validar o modelo de “Núcleos Locais de Transferencia” como experiencia piloto exportable a outros territorios, nos que a colaboración dos axentes xeradores de coñecemento, as administracións públicas e o sector empresarial facilite o encontro entre as necesidades do tecido produtivo e a oferta de coñecemento.

Saber máis…
Bioincubatech

Bioincubatech

Incubadora de Alta Tecnoloxía para o fomento da innovación e transferencia de biotecnoloxía nos ámbitos da saúde y as tecnoloxías alimentarias ás micropemes.

Obxectivos:

  • Creación de micropemes nos sectores da biotecnoloxía en ciencias da saúde e da biotecnoloxía alimentaria.
  • Mellora da competitividade das empresas a través da transferencia de tecnoloxía e o desenvolvemento de accións de incubación, fomento da innovación, mentorización, comunicación e promoción.
  • Transferencia da tecnoloxía real ao sistema produtivo, que implica mellora da competitividade e sosteñibilidade da propia acción de I+D+i.
  • Acompañamento das empresas no proceso de internacionalización, fomentando o alcance de acordos tecnolóxicos e comerciais con socios estratéxicos internacionais, captación de clientes a escala global e, en definitiva, convertirse en actores relevantes nos mercados internacionais.
  • Fomento da colaboración inter e intrasectorial, a captación de talento e o uso compartido de equipamentos punteiros.
Saber máis…

Encargos

Os encargos a medios propios é a fórmula a través da cal as administracións públicas, entre outros, poden encargar a execución das prestacións propias dos contratos de obras, subministros, servizos, concesión de obras e concesión de servizos a outra persoa xurídica diferente a eles, sempre que esta teña a cualificación xurídica de medio propio personificado respecto delas. UNINOVA – Sociedade para a Promoción de Iniciativas Empresariais Innovadoras, M.P., S.L., leva a cabo a execución de diversos encargos do Concello de Santiago de Compostela, como medio propio, para a xestión de proxectos do Concello vinculados cos fins sociais de Uninova.

Saber máis…

Proxectos anteriores

A longo da súa ampla traxectoria, Uninova ten participado en numerosos proxectos financiados pola Unión Europea, así como polos gobernos de España e Galicia, como mostra do seu interese por compartir coñecementos e experiencias con outras entidades, de cara a aportar crecemento e desenvolvemento económico ao seu contorno. Os proxectos europeos conseguen, en definitiva, ampliar redes de colaboración, crecer e facer crecer ao territorio a través do contacto con outras realidades.

Saber máis…

Empresas incubadas

  • NEOXENICA

    NEOXENICA

    Incubación virtual

    NeoXenica é unha spin off do grupo de calidade e seguridade alimentaria do Laboratorio Ibérico Internacional de Nanotecnoloxía (INL) situado en Braga (Portugal). Traballamos no desenvolmento de solucións analíticas para a industria alimentaria combinando bioloxía molecular, micro e nanofabricación e química analítica co gallo de dar á industria ferramentas rápidas, fiables, e fáciles de utilizar que permitan un control eficiente nos distintos puntos da cadea de valor.

  • INVERBIS

    INVERBIS

    Incubación virtual

    InVerbis desenvolve software para a análise da xestión de organizacións mediante técnicas de minería de procesos e tratamento estatístico avanzado.

  • Intera (Innovaciones Tecnológicas del Radón)

    Intera (Innovaciones Tecnológicas del Radón)

    Incubación virtual

    Empresa de base tecnolóxica que ofrece solucións de medición e mitigación do gas radón nas edificacións, coas técnicas e equipos tecnolóxicos máis avanzados para a detección deste gas. Intera é una spin-off que xorde da alianza do Laboratorio de Análises de Radiacións da USC (Universidade de Santiago de Compostela) e a empresa de enxeñaría da construción Inous para ofrecer solucións globais á concentración do gas radón nos interiores das edificacións. Intera pon ao servizo dos seus clientes o coñecemento científico do seu equipo e a experiencia acumulada durante 15 anos e máis de 3.000 accións de medición e mitigación deste gas. Dispón dun método de traballo para resolver calqueira cuestión sobre a concentración de radón, tanto na prevención, como na medición ou a reducción. Ofrece aos seus clientes: — Asesoramento e execución de medidas preventivas na construción de novas edificacións. — Medición da concentración de radón en edificios existentes. — Deseño e implementación de solucións de mitigación e corrección pola acumulación de Radón. — Formación e consultoría.

  • Genome4Care

    Genome4Care

    Incubación virtual

    Ferramentas xenómicas para a diagnose efectiva e precoz de enfermidades humanas. Medicina de precisión.

  • Smart Vitamins

    Smart Vitamins

    Incubación virtual

    Smart Vitamins é unha Spin-Off da Universidade de Santiago de Compostela que desenvolveu unha tecnoloxía innovadora para tratar enfermidades auto inmunes e inflamatorias con nutracéuticos intelixentes, baseados en combinacións sinérxicas de nutrientes esenciais en nanovehículos.

  • CELTARYS RESEARCH

    CELTARYS RESEARCH

    Incubación virtual

    Celtarys Research é unha spin-off da Universidade de Santiago de Compostela especializada no deseño e síntese de sondas fluorescentes para o seu uso no proceso de descubrimento de fármacos.

  • INDROPS

    INDROPS

    Incubación virtual

    INDROPS é un laboratorio de análise de augas, solos, alimentos e outras matrices ambientais, acreditado por ENAC e con ámbito de actuación en toda España. Conta cunha delegación en La Laguna (Santa Cruz de tenerife).

  • S4SD

    S4SD

    Incubación virtual

    Spin-off da USC dedicada ao desenvolvemento de software científico para o estudo de propiedades físico-químicas de materiais e as súas interaccións.

Casos de éxito

  • ADUMBRO

    ADUMBRO

    Estudio de diseño especializado en deseño gráfico, desenvolvemento web e identidade corporativa. Dende 2004 dedicamos o noso esforzo creativo a realizar proxectos que destaquen independentemente do seu tamaño.

  • MD.USE Innovative Solutions SL

    MD.USE Innovative Solutions SL

    MD.USE desenvolve aplicacións de simulación e visualización molecular baseadas en ferramentas de Dinámica Molecular, Realidade Aumentada, Realidade Virtual, impresión 3D e Intelixencia Artificial para o ecosistema investigador e educativo das áreas de Química, Bioloxía ou Farmacia. Desenvolve software e ofrece servizos enfocados ao estudo de moléculas e interaccións entre moléculas co obxectivo de predecir en poucos minutos cómo se comportarán en certas condicións e cómo interactuarán entre elas de forma análoga ao que tería lugar nun laboratorio experimental. Desta forma a simulación computacional é unha opción en auxe para analizar o comportamento de moléculas que aínda non foron sintetizadas, predicindo o seu comportamento incluso antes de ter que prepararlas no laboratorio, e evitando así rutas non desexadas e contribuíndo en grande medida a descubrir posibles novas rutas de investigación. Entre os elementos diferenciadores dos seus produtos, MD.USE é pioneira no desenvolvemento de software que permite visualizar moléculas en Realidade Aumentada (AR) e Realidad Virtual (VR) de xeito completamente inmersiva en 3D e 360º utilizando carcasas para teléfonos móbiles (Cardboard de Google, Oculus e similares).

  • ARNIGAL CULTIVOS

    ARNIGAL CULTIVOS

    Arnigal Cultivos é unha Empresa de Base Tecnolóxica dedicada á produción de extractos de Arnica montana atlantica procedente de cultivo propio para uso na industria cosmética e fitoterapéutica.

  • FAZ CULTURA E DESENVOLVEMENTO

    FAZ CULTURA E DESENVOLVEMENTO

    Consultoría en Cultura, I+D+i en Humanidades, Turismo e Innovación entre a Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP) e Europa

  • FBA CONSULTING

    FBA CONSULTING

    Consultora especializada en xestión de centros e institucións sanitarias

  • BIOSTATECH

    BIOSTATECH

    Spin off de bioestatística que realiza asesoramento, formación e investigación en técnicas e ferramentas estatísticas aplicables a estudos principalmente enmarcados nas ciencias da vida, e especialmente nas ciencias da saúde.

  • IMAGAMES

    IMAGAMES

    IMAGAMES é una empresa de gamificación. IMAGAMES implanta proxectos de gamificación en empresas para a formación e xestión do talento dos seus empregados.

  • CELTALGA

    CELTALGA

    Start-up da Universidade de Santiago de Compostela que se dedica á produción de extractos acuosos de macroalgas procedentes das costas galegas

  • I-GRAPE

    I-GRAPE

    Spin-off da USC dedicada á produción de extractos de orixe vexetal para uso industrial nos sectores veterinario, dermatolóxico e alimentario

  • KERAMAT

    KERAMAT

    Produción de pezas implantables en operacións quirúrxicas con biomateriales cerámicos

  • AYECONOMICS

    AYECONOMICS

    AYeconomics é unha empresa independente de consultaría que promove e realiza investigación innovadora no campo da economía e as ciencias sociais.

  • DEHISTORIA

    DEHISTORIA

    Realización de investigacións históricas baixo demanda

  • CÓDIGO CERO

    CÓDIGO CERO

    O seu obxectivo é a difusión de información relacionada coa Sociedade da Información e das Novas Tecnoloxías, centrando a súa actividade en Galicia.

  • DEVALAR

    DEVALAR

    Empresa adicada á procura de financiamento comunitario e xestión integral de proxectos e fondos europeos.

  • TASTELAB

    TASTELAB

    TasteLab é unha empresa de base tecnolóxica orientada ao estudo dos produtos e dos consumidores desde un punto de vista sensorial e innovador

  • GALCHIMIA

    GALCHIMIA

    Produción e comercialización de compostos químicos "a medida"

  • ETNOGA PATRIMONIO CULTURAL

    ETNOGA PATRIMONIO CULTURAL

    Xestión, catalogación, conservación e difusión do Patrimonio Histórico de Galicia

  • CONPAS

    CONPAS

    Consultoría sobre aplicacións empresariais en formato web, publicidade online e Cloud Computing, con especial incidencia en centros educativos e dispositivos móbiles

  • SUNROCK

    SUNROCK

    SunRock Biopharma é unha empresa especializada no desenvolvemento de anticorpos monoclonales terapéuticos contra o cancro. A principal estratexia de acción contempla o desenvolvemento de anticorpos capaces de provocar unha resposta inmunolóxica específica contra tumores sólidos con mal pronóstico.

  • EGANET

    EGANET

    Eganet, acrónimo de Empresas Galegas Adicadas a Internet e ás Novas Tecnoloxías, é unha asociación empresarial que aglutina a empresas e profesionais galegos do sector de internet e as novas tecnoloxías.

  • AVA

    AVA

    AVA Soluciones Tecnológicas inicia a súa actividade empresarial no ano 2002 como resultado dun proxecto de investigación no campo das novas tecnoloxías (TIC) no seo da Universidade de Santiago de Compostela.

  • GALICIAN MARINE AQUACULTURE

    GALICIAN MARINE AQUACULTURE

    Empresa pioneira en España no desenvolvemento do cultivo do abalón ou orella de mar

  • CIENYTECH

    CIENYTECH

    Cienytech, empresa que conta coa cualificación de IEBT (Iniciativa Empresarial de Base Tecnolóxica) nace en febreiro de 2003 coa idea de ofrecer un servizo integral ao usuario de HPLC (High Perfomance Liquid Chromatography).

  • HGBEYOND

    HGBEYOND

    Spin-off da USC dedicada ao desenvolvemento de novos materiais para o coidado da visión e a saúde ocular humana. En concreto, ao desenvolvemento de lentes de contacto como plataforma para a liberación de compostos na superficie ocular

  • ZYGOS

    ZYGOS

    Tratamentos e técnicas para tratar a esterilidade masculina e feminina

  • DIVERSA

    DIVERSA

    A tecnoloxía DIVERSA é a solución para que moléculas terapéuticas de alto potencial y con alto valor engadido, pero con problemas de solubilidade, estabilidade, e especialmente con dificultades para acceder á súa diana intracelular, podan ser trasladadas á clínica

  • EVENTYAM INGENIEROS

    EVENTYAM INGENIEROS

    Empresa de carácter tecnolóxico: consultoría, medicións, termografía...

  • NEOKER

    NEOKER

    Produtor mundial de fibras de alúmina en forma de filamentos diminutos

CONTACTO

Localización

UNINOVA

Edificio Cersia Empresa

Rúa do Alcalde Raimundo López Pol
15707 Santiago de Compostela, A Coruña - SPAIN

+34 981 542 494